Sesión de Clausura do curso 2010-11

O sábado 21 de maio de 2011, a partir das 10:30 horas na Facultade de Matemáticas, terá lugar a sesión de clausura do curso 2010/2011 e despedida para os alumnos da promoción 2009-11 de Estalmat-Galicia.

Orde do día:

10:30 - Reunión alumnos, profesores e pais/nais na porta principal da Facultade de Matemáticas e traslado a pé ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
10:45 - Visita ao Supercomputador Finisterrae.
12:30 - Entrega de diplomas e palabras de clausura na Aula Magna da Facultade de Matemáticas.
13:30 – Aperitivo de confraternidade na Facultade de Matemáticas