Actividades do curso 2014-15

  • Mapa coa localización dos estudantes.
  • Sesións académicas de 1º, 2º e 3º curso
  • Carta ás familias dos estudantes seleccionados.
  • Inauguración e Campamento Matemático
  • Primeira reunión coas familias: sábado, 25 de outubro. Charla a cargo de expertos policiais do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e o seu entorno, co título: "Internet e redes sociais".
  • Segunda reunión coas familias: sábado, 28 de febreiro. Tres antigas alumnas de Estalmat-Galicia, da 4ª promoción, contaron a súa experiencia e o que supuso o seu paso por Estalmat (resumo da sesión).
  • Matemáticas ao Sprint: na edición do 2014, o Equipo 3 de ESTALMAT-Galicia resolveu todos os problemas no menor tempo de todo o estado, dos 53 grupos participantes. Este equipo estaba formado por Antón Mazaira (Burela), Adrián Núñez (Vilanova de Arousa), Marina Ramallo (Boiro), Hugo Silvares (Pontevedra) e Pablo Stutt (Ordes). Do segundo curso de ESTALMAT participaron 45 equipos en total e tres dos equipos de ESTALMAT-Galicia remataron todos os problemas acadando as posicións 12, 21 e 22. (ver a noticia nos xornais).
  • Estalmat-Pi: Acto de clausura do curso 2014-15 e despedida da promoción de 2012 de Estalmat-Pi. (programa - fotografías) (Mapa da 6ª Promoción, con sinaturas)
  • Clausura do curso 2014-15 e Despedida da Promoción de 2013: 9 de maio. (programa) (xornal) (fotografías)
  • Memoria de actividades curso 2014/15