Reunión coas familias

O sábado día 28 de outubro teremos a primeira sesión coas familias deste curso 2017-18, prevista inicialmente para o 21 de outubro.

Dará comezo ás 10:35 horas, no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas, unha vez que o alumnado de Estalmat entre nas aulas.

A sesión terá dúas partes

1. Presentación de AGAES (Asociación Galega de Amigos de Estalmat Galicia)

2. Charla a cargo de EMMA MAYO, psicóloga: “Ensíname a equivocarme!”

Esta actividade ten carácter voluntario e non é necesario escusar a asistencia. Poden asistir outros familiares acompañantes do alumnado Estalmat.

Esperamos que sexa do voso interese.


PROGRAMACIÓN DO CURSO ESTALMAT-Galicia 2017-2018

Programa (Actualizado a 18/10/2017).

  Estalmat 10 cursos 01

Nova data inicio curso: 18 de setembro