Skip to main content

Egresados de Estalmat

Espazo destinado a recompilar información de interese sobre os egresados de Estalmat, incluíndo actividades, estudos posteriores e experiencias vinculadas ao proxecto.

Asociación de Amigos de Estalmat-Galicia (AGAES)

Informamos a todas as familias de Estalmat-Galicia que xa está aberto o blog da Asociación de Amigos de Estalmat-Galicia (AGAES)no seu correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

No blog atopará todas as noticias relacionadas con AGAES e o boletín de suscripción para ser membro da Asociación.

Estalmat-Galicia agradece o apoio que está a recibir de AGAES pero unha vez mais informa que a xestión e organización de AGAES desborda a capacidade adminstrativa de Estalmat-Galicia , polo que o seu Comité Organizador non se fai responsable de responder a correspondencia nin ningún outro trámite que teña que ver con AGAES. O Comité Organizador agradece e felicita a AGAES e os seus directivos por esta posta en marcha tan prometedora. 

 Estudos de egresados

 Encontros

E5 - Galicia = Encontro de Profesores, Egresados e Equipo Técnico de ESTALMAT-Galicia

Este curso especial 2016-2017, no que comenzou a décima promoción de ESTALMAT-Galicia organizamos o Encontro do Equipo-Docente, o Equipo-Técnico e unha representación de Egresados de ESTALMAT-Galicia (E5-Galicia), para recoñecernos, analizar e deseñar cursos futuros coas achegas de todas e de todos. Foi o 24 de marzo de 2017.

En este documento atoparás o programa do encontro.

Aqui podes atopar unha foto do encontro.

 

E4G-2017 = Encontro Egresados e Estudantes ESTALMAT-Galicia

Dentro das actividades para celebrar os 10 cursos de Estlamat-Galicia un Equipo Organizador de catro egresadas xunto con catro egresados organizaron a temática dun encontro das 10 promocións do programa para o próximo 15 de xullo.

Descubrimos qué son as batallas… matemáticas á galega. O programa está neste arquivo.

 

E4G-2018 = Encontro Egresados e Estudantes ESTALMAT-Galicia 

 O próximo sábado 21 de xullo terá lugar o Encontro de Egresados e Estudantes de Estalmat-Galicia 2018. Aquí está o horario e actividades do encontro.

 

barra2025
Proxecto ESTALMAT-GALICIA - Facultade de Matemáticas - Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - 15782 Santiago de Compostela - Tel. 881.813.188 – 881.813.219 – Fax. 881.813.197 
Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - http://www.estalmatgalicia.com