XXXIV Open Matemático

O Comité Organizador de Estalmat-Galicia apoia a organización e participación no XXXIV OPEN MATEMÁTICO 2022, adicado nesta ocasión á TRAMPANTOJOS Y EMBELECOS MATEMÁTICOS.

Compartimos a información temitida polas organizadoras, ás que agradecemos o seu entusiasmo e labor!

Moitos éxitos e agardamos que gocedes na edición XXXIV OPEN MATEMÁTICO 2022!

O Comitité Organizador de Estalmat


Querida familia de ESTALMAT-Galicia,

En primeiro lugar queríamos dexesarvos un feliz ano novo e moita saúde para tod@s.

Como en anos anteriores, desde ESTALMAT-Galicia proponse para o alumnado unha actividade de resolución de problemas: o XXXIV OPEN MATEMÁTICO 2022, adicado nesta ocasión á TRAMPANTOJOS Y EMBELECOS MATEMÁTICOS.

Esta actividade está organizada polo Colectivo Frontera de Profesores de Matemáticas e desenvólvese ao longo de seis xornadas xestionadas online a través do correo electrónico.

Este ano, o calendario da actividade é o seguinte:

 image001

 Os problemas a resolver son os mesmos para todas e todos os estudantes participantes, sen importar o curso que estuden nin a idade, e, unha vez resoltos (non é necesario que se resolvan todos), deben ser escaneados e enviados por correo electrónico ás responsables da actividade dentro do prazo previsto no calendario anterior.

Poden participar todos os alumnos e alumnas de ESTALMAT que estean cursando a ESO, FP ou o Bacharelato, sen importar se son de 1º, 2º, 3º curso ou egresados.

Esta información envíase á lista de correos de ESTALMAT Galicia de 1º, 2º e 3º e tamén ao alumnado que participou na edición do curso pasado.

Se sabedes de compañeiros ou compañeiras de promocións anteriores que queiran participar, reenviádelles este correo ou dicídelles que se poñan en contacto con Cristina e Covadonga, as profesoras de ESTALMAT que tentarán levar adiante esta actividade (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Nestes enlaces correspondentes podedes atopar os seguintes documentos:

INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR

Este ano o concurso, na XXXIV edición, ten como lema: “TRAMPANTOJOS Y EMBELECOS MATEMÁTICOS” .

As instruccións para participar baixo as siglas de ESTALMAT-Galicia son:

1.- Escanear os problemas que resolvades, preferiblemente en formato PDF e comezando unha páxina nova para cada problema. Cada páxina debe ter un encabezamento similar á do modelo que enviamos como adxunto. Tamén sirven fotografías pero deben ter a resolución adecuada para que podan lerse correctamente as vosas solucións.

2.- Enviar os problemas por correo electrónico no prazo fixado -na primeira xornada remata ás 14:30 horas do 24 de xaneiro-, ás direccións das profesoras encargadas da actividade, Cristina e Covadonga: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. , Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. POR FAVOR! POÑEDE AS DÚAS DIRECCIÓNS.

Cando recibamos as respostas darémoslle a reenviar ao correo entrante, ese será o sinal de que chegou correctamente.

3.- No asunto do correo poñede: Nome, apelido e a xornada, por exemplo: Iria Rodríguez- 1ª Xornada Open

4.- Cada nova xornada enviaremos ao correo dende o que nos cheguen os problemas, as solucións, as clasificacións, as HM e os problemas da xornada seguinte, pero so ás persoas que participen na primeira xornada ou que se incorporen posteriormente.

5.- NON É UNHA ACTIVIDADE OBRIGATORIA

Tampouco é necesario resolver todos os problemas de cada xornada nin participar en todas as xornadas.

As solucións dos problemas deben aparecer moi xustificadas. Non sirve poñer únicamente como solución un valor ou unha frase (Por exemplo: "non é posible") para obter os dous puntos (A puntuación dun problema ou son 2 puntos ou 0 puntos).

A maiores da puntuación dos problemas, en cada xornada outorgaranse tres puntos de beleza (consultar as bases).

Si tendes algunha dúbida podedes preguntarnola directamente nestas direccións de correo:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

¡Animádevos a participar!

Unha aperta

Cristina e Covadonga