Convocatoria ESTALMAT-Galicia 2025
No seguinte enlace pode atopar o Díptico da convocatoria.
Agradecemos o seu interese e respostaremos as dúbidas que lle poidan xurdir sobre o programa se nos envía un correo coas mesmas á dirección electrónica
Inscrición:
- Datas de inscrición: do 12 ao 25 de maio de 2025, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data.
-
Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN (dispoñible a partir do día 12 de maio). Este ano queremos deixar constancia e analizar a presenza do interese polas Matemáticas nas diferentes localidades de Galica, polo que empregamos a ferramenta EMAPIC, co fin de elaborar un análise xeográfico dos participantes. Pedirémosche no formulario de inscripción a localización nun mapa do domicilio da nai, pai ou titor/a do menor. Esta localización só se empregará para ter unha referencia xeográfica dos participantes e non será compartida ou publicada de ningún modo. Precisamos que aceptes tamén as normas de protección de datos tanto de EMAPIC como da USC.
Proceso de selección.
Constará de dúas fases:
1. Proba de aptitude. Consistirá na resolución de varios problemas. Terá lugar o sábado 31 de maio, ás 10 horas, en cada nunha das catro sedes, situadas nas cidades de Santiago, Lugo, Ourense e Vigo:
- IES Eduardo Blanco Amor: Rúa Vicente Risco 13 - 32001- Ourense
- IES Castelao : Rúa Aragón, 22 36.206 Vigo (Pontevedra)
- Facultade de Formación do Profesorado (USC) : Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002 Lugo
- Facultade de Matemáticas (USC): Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, 15782, Santiago de Compostela
Unha vez corrixidas as probas, publicarase unha lista provisional con 25 estudantes preseleccionados/as e unha lista de agarda con 25 estudantes, as dúas listas por orde alfabética.
2. Entrevista persoal. Posteriormente, levarase a cabo unha entrevista individual coas nenas e nenos preseleccionados na proba de aptitude, acompañados da súa nai, pai ou titores, que previamente serán avisados persoalmente. Está encamiñada a avaliar o interese e o grao do compromiso co proxecto.
Programa de Actividades:
Os estudantes seleccionados comprométense a asistir ao longo dos cursos académicos 2025-26 e 2026-27, ás actividades formativas que se programen nas mañás dos sábados (normalmente 20 sábados cada curso) e, con carácter voluntario, continuar no ano 2027-28 nas actividades de Estalmat-Pi ou 3º curso (ao redor de 15 sesións anuais). Normalmente as actividade son na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Desprazamento: Os pais e nais dos estudantes seleccionados deberán adquirir o compromiso de levalos e recollelos ao lugar onde se realicen as sesións formativas e actividades que, agás excepcións, é a Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela.