Skip to main content

Inauguración e Campamento Matemático ESTALMAT-Galicia 2008

20-21 de setembro de 2008

Acto oficial de inauguración do curso 2008/09

Tivo lugar o día 20 de setembro ás 10:30 horas na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa:

  • 10:30 -  Apertura do acto polo Sr. Presidente – A continuación da a palabra aos membros da Mesa e a Secretaria  do Comité Organizador na orde que segue.

  • 10:35 -    Intervención do Presidente do Comité Organizador de Estalmat-Galicia e Decano da Facultade de Matemáticas,  Juan M. Viaño Rey.

  • 10:45 -  Intervención da Vicepresidenta do Comité Organizador Mercedes Feijoo: Calendario e programa do curso 2008-09 e presentación nominal do equipo docente.

  • 10:55 -    Intervención da Secretaria do Comité Organizador: Presentación dos 25 estudantes do Curso 2º e os 25 do Curso 1º – Serán chamados pola Secretaria engadindo o nome e vila do seu centro de estudios, momento no que subirá ao estrado (Curso 2º: parte esquerda mirando ao público, Curso 1º  parte dereita mirando ao público).
    Unha vez rematada a lista, farán un pousado para fotógrafos de prensa e familiares.

  • 11:25 -  Intervención do Director de División Organismos de la Obra Social Caixa Galicia, D. Andrés Cuns Rial.

  • 11:35 -    Intervención do Presidente da Fundación Vodafone España, D. José Luis Ripoll.

  • 11:45 -    Peche do acto polo Mgfco. Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, D. Senén Barro Ameneiro

  • 12:00-     Foto de grupo de estudantes co equipo docente e comité organizador nas escaleiras interiores da Facultade.

    Acceso ao autobús e saída cara o campamento dos alumnos e monitores.

Campamento matemático

Celebrouse os días 20 e 21 de setembro no Albergue Xuvenil de Gandarío ubicado en Sada-Bergondo (A Coruña).

Proxecto ESTALMAT-GALICIA - Facultade de Matemáticas - Universidade de Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - 15782 Santiago de Compostela - Tel. 881.813.188 – 881.813.219 – Fax. 881.813.197 
Correo electrónico:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - http://www.estalmatgalicia.com